Skip to main content
Lugo

Manifestación de estudantes en Lugo pola presenza do Rei

A organización estudantil Erguer convoca este venres 5 de maio, ás 12 da mañá, unha concentración para mostrar o rexeitamento do estudantado tanto á presenza do rei na cidade como á monarquía española por considerala “un réxime corrupto e anacrónico.”

A concentración terá lugar diante da Biblioteca Intercentros e dende a organización animan a todas as estudantes a sumarse a ela, mais tamén ao resto de organizacións soberanistas que están en contra da monarquía.

“A concentración é aberta, pretendemos demostrar que hai un rexeitamento maioritario da sociedade fronte a este réxime, por iso animamos non so ás estudantes se non a todas as persoas e organizacións que se queiran sumar” sinala Icía Abraira, responsable de Erguer na zona de Lugo.