Skip to main content
Lugo

O sector do metal seguiu masivamente a folga convocada polos sindicatos

Por 10 Maio, 2023Sin comentarios

Os sindicatos convocantes da folga do metal, que se está a desenvolver hoxe en Lugo, anunciaron que teñen un seguimento do 90% para reclamar convenios colectivos dignos.

CIG, CCOO e UGT fixeron un chamamento a todos os traballadores e as traballadoras do sector a secundar de xeito masivo a folga e a participar nas mobilizacións que se convoquen nesa xornada para darlle unha resposta contundente á patronal e amosarlle “que estamos en disposición de pelexar até conseguir un convenio digno, con salarios xustos e avances nos dereitos laborais”.

Os resultados foron un seguimento moi elevado, axudado por un grupo de traballadores que percorreron o polígono de O Ceao e outros centros de empresas da cidade para vixiar o seguimento. Incluso dúas das empresas que están na mesa de negociación acabaron pechando pola presión dos piqutes.

A folga foi o recurso dos sindicatos ante a falta de acordo na negociación coa patronal.  “Só soben os atrasos dos 340€ até os 500€ (o que non chega nin ao 50% do que lle correspondería a moitas categorías), ofrecen medio punto máis no incremento global e ábrense a ampliar a turnicidade a empresas que teñen persoal subrogado”, explican.