Skip to main content
Lugo

Comezaron os traballos de reparación das escaleiras e sendeiros das Costas do Parque

Por 16 Maio, 2023Sin comentarios

A nova adxudicataria do servizo de mantemento das zonas verdes de Lugo comezou a executar as melloras incluídas no contrato para acondicionar o Parque de Rosalía, ao que cualifican desde o Concello como “un enclave de especial coidado e protección”.

Entre os traballos previstos figura a renovación e incremento dos equipamentos deste recinto, de maneira que a maiores de todas as intervencións que dende esta área se fixeron nos últimos meses, con motivo do centenario das instalacións, pretenden ir agora un paso máis aló na súa conservación.

Entre outros traballos, as e os operarios están procedendo estes días á reparación e substitución das escaleiras dos sendeiros peonís nas Costas do Parque, tarefas que terán continuidade posteriormente coa demolición e substitución dos bordos interiores do parque ou a renovación do céspede e do sistema de rego.