Skip to main content
Lugo

Corte de tráfico temporal na praza de Ferrol polas obras de peonalización

Por 18 Maio, 2023Sin comentarios

Debido ao inicio hoxe das obras da Peonalización entre a porta da muralla Bispo Odoario e Praza de Ferrol no centro histórico, é necesario realizar un corte temporal do acceso ao tráfico rodado na porta da muralla Bispo Odoario cara á rúa Montevideo.

A primeira fase da obra realizarase entre a porta Bispo Odoario e Ramón e Cajal, quedando este tramo pechado ao tráfico rodado. Prevese unha duración para esta fase de obra dun catro semanas, que se poden ver alteradas segundo a evolución da obra.

Para manter o acceso de vehículos de residentes, servizos e aos aparcadoiros, realizarase un desvío provisional pola Rúa Nova, desde a Rolda da Muralla até Bolaño Rivadeneira. Desde este punto, poderase subir por Bolaño Rivadeneira como é habitual, ou ben baixar por Montevideo até Ramón e Cajal, converténdose este último tramo de dobre sentido para permitir a saída por esta mesma rúa cara a Bolaño Rivadeneira.

Poderán seguir accedendo, por tanto, aos seus garaxes privados e aos aparcadoiros públicos polo itinerario establecido, respectando o tramo de obras pechado.

O Concello de Lugo lamenta as molestias que se poidan ocasionar aos veciños e veciñas da cidade.