Skip to main content
Lugo

O PP de Candia aposta por unha programación cultural con actividade en todos os barrios

Por 18 Maio, 2023Sin comentarios

A candidata do PP, Elena Candia, quixo celebrar cos lucenses unha data tan sinalada como a das letras galegas lembrando a figura do homenaxeado Fernández del Riego. 

Elena Candia aproveitou a celebración das letras galegas para reivindicar o deseño dende o Concello de Lugo dunha programación cultural de calidade que concilie o necesario impulso aos e ás artistas locais de distintas disciplinas con propostas internacionais que permitan encher de vida as fins de semana de todo o ano (especialmente os festivos e domingos) en todos os barrios como o de Augas Férreas.

A popular tamén aproveitou esta xornada para visitar o edificio da Tinería onde se é elixida alcaldesa habilitará o Museo da Vestimenta co obxecto de dar a coñecer a riqueza etnográfica dos tradicionais traxes galegos. Esta nova infraestrutura formará parte das diferentes dotacións municipais do Concello “desenvolveremos unha estratexia global e de traballo en rede que nos permitirá dotar de contido específico a cada un dos edificios culturais que temos abertos e que hoxe carecen de contido”.

A popular tamén reinvindicou a inmediata apertura do novo auditorio de Magoi construído pola Xunta de Galicia e que o Concello non foi quen de poñer en marcha pese a que ten as chaves do edificio dende hai 3 anos.

CINE, MÁXIA E MÚSICA

“Reforzaremos o apoio a citas culturais xa consolidadas, coma a Semana do Cine, a do Jazz ou a da Maxia, do teatro clásico así como tamén aos festivais do Caudal Fest ou o Arde Lucus (do cal propoñemos ampliar un día a súa celebración). Ademais, potenciaremos eventos específicos no eido da danza, das agrupacións corais ou da música tradicional”, dixo e engadiu que recuperarán a emblemática Banda Municipal de Música, que hoxe só conta cunha quincena de integrantes, “para volver darlle o protagonismo que merece”.