Skip to main content
Lugo

A Planforma veciñal do centro critica a falta de seguridade nas novas obras de peonalización

Por 20 Maio, 2023Maio 21st, 2023Sin comentarios

A Plataforma de Veciños do Barrio Centro de Lugo explicou que xa se iniciou o plan de tráfico derivado das obras de peonalización do centro e polo tanto comezaron a circular os coches pola Rúa Nova segundo o Plan previsto polo Concello.

A Plataforma mantén o seu rexeitamento a este plan de tráfico e lamenta que “non se aceptou o Plan alternativo que presentou no seu día ao Concello”.  Engaden tamén que “actualmente estase executando con nulas medidas de seguridade para os peóns e veciños, dos que se están recibindo xa innumerables queixas”.

“Está a observarse ausencia total de Policía Local na zona para control do tráfico e na propia Rúa Nova non existe sinalización horizontal, nin sinalización do límite de velocidade para os vehículos. Os vehículos de todo tipo conviven cos peóns, esquivándose mutuamente ao non haber separación física entre eles, o que supón un risco importante e innecesario para os cidadáns”, conclúen.