Skip to main content
Lugo

Candia propón un plan de seguridade para zona norte, unha delegación da policía e un punto de información antiokupa

Por 21 Maio, 2023Sin comentarios

Elena Candia propuxo na Milagrosa un plan de seguridade para zona norte, unha delegación da policía e un punto de información antiokupa.  A alcaldable explicou que ademais de achegar estes servizos ao barrio da Milagrosa promoverá de forma paralela, dotando de recursos suficientes, a rehabilitación dos edificios e espazos públicos así como un plan de dinamización para o comercio de proximidade.

A candidata popular acompañada polo senador José Manuel Barreiro e o deputado nacional Joaquín García afirman que “votar a Lara Méndez é como votar ao PSOE” o partido que ven de aprobar unha nova Lei de Vivenda que prima aos okupas e ataca o dereito á propiedade privada.

A popular elixiu o barrio da Milagrosa, unha das áreas nas que máis se ten incrementado a inseguridade nestes anos, por mor da pasividade do goberno local, para presentar as súas propostas en materia de seguridade en dous actos diferentes “nunha sala de cine da Praza de Viana (mitin celebrado onte á noite) e hoxe á mañá a pé de rúa en Camiño Real con representantes do partido a nivel nacional para explicar o contido da nova lei de vivenda que prima aos okupas e ataca o dereito á propiedade privada”.

A candidata do PP avanzou que creará dúas novas delegacións deste corpo, unha na zona norte e outra no centro co obxecto de axilizar os tempos de resposta e mellorar a atención cidadá recuperando a filosofía de traballo de proximidade e matizou que habilitará unha oficina antiokupación de información e asesoramento ás persoas afectadas.

Elena Candia tamén quere que haxa unha maior presenza policial na rúa e comprométese a incrementar progresivamente o cadro de persoal para cumprir coas ratios europeas que recomendan que haxa 1,8 profesionais por cada 1000 habitantes. “, que recomendan pasar dos 114 profesionais actuais aos 180.

A prevención é a mellor política que podemos aplicar no eido da seguridade”, subliñou Candia, quen tamén incidiu na necesidade de anticiparse ás xubilacións previstas para o próximo trienio, que poderían deixar o cadro de persoal en só uns 100 axentes.

O programa popular inclúe tamén a instalación de cámaras de videovixilancia, en zonas sensibles do municipio para mellorar a seguridade e evitar atentados contra o patrimonio, ademais de poñer en marcha as que hai xa no polígono do Ceao e estendelas a outras zonas industriais do Concello.

A candidata tamén quere aprobar unha ordenanza para frear a actividade dos gorrillas, dotando á Policía Local de ferramentas legais para evitar esa extorsión no aparcamento do Hula, onde tamén se colocarán cámaras de videovixilancia.

Candia tamén deseñará plans específicos de intervención conxunta en zonas de lecer nocturno para frear a conflitividade actual e apoia á construción dunha nova Comisaría de Policía Nacional no entorno do barrio da residencia.