Skip to main content
Lugo

O sector do metal volve á folga en Lugo o martes

Por 21 Maio, 2023Maio 23rd, 2023Sin comentarios

Os sindicatos CCOO, CIG e UGT convocaron aos traballadores e traballadoras do Metal e do Comercio Metal da provincia de Lugo a un segundo día de folga para o martes 23 e tal como estaba previsto “de non arranxar o conflicto, para asinar os convenio co IPC real ano a ano e o cobro dos atrasos xerados que do exercicio 2022 supoñen 1.100 euros pendentes”, explican.

Despois da “exitosa xornada de folga o pasado día 10 de maio, na que conseguimos xuntar un numeroso piquete, que nalgún momento superaba as 800 persoas, e unha manifa na que eramos máis de 2000 persoas, quedou claro que o sector está movilizado para acadar melloras importantes nos Convenios do Metal e Comercio Metal de Lugo”, explican.

A pesar desta imaxe de forza e unión dos traballadores de Lugo, afirman que a Patronal non fixo ningún movimento para tratar de solucionar o conflicto, polo que o martes 23 e o xoves 25 manteñen a convocatoria de folga tal e como estaba previsto, ademais “en previsión de que siga esta patronal neste inmovilismo, xa rexistramos na xornada de onte convocatoria de folga  a maiores para os días 31 de maio, 2, 6 e 7 de xuño”.

A manifestaación está prevista para este martes ás 12:30 horas na Campiña, onde está a sede de Aprevar (Patronal de talleres), “que nos consta que é a que está a negar os incrementos do IPC, inda que eles, si que aplicaron unha subida superior ás tarifas que cobran os seus clientes”.