Skip to main content
Lugo

A galería Solaina inaugura este venres a mostra ‘StreetviewCompostela’

Por 23 Maio, 2023Sin comentarios

O vindeiro venres 26 de maio ás 18h terá lugar na galería de arte Solaina a inauguración de StreetviewCompostela, unha mostra individual da artista hómina conformada por diversas obras fotográficas ou vínculadas a esta disciplina.

O proxecto de streetviewcompostela nace influenciado, por unha banda, pola obra dixital de artistas coma Jon Rafman ou Michael Wolf, que cuestiona a autoría da propia obra ao reapropiarse de imaxes capturadas pola empresa Google e, pola outra, polo desexo de explorar os espazos limítrofes das cidades galegas (tomando como referencia a súa capital) onde se encontran o ámbito urbán e rural. A selección, unhas vinte fotografías, escollidas de entre máis de cen , pretende reflexar precisamente iso.

Solaina, un novo espazo con sede en Lugo dende o que promover a arte e a cultura da cidade e de Galiza en xeral, e no que os artistas poidan coñecerse, traballar xuntos, dialogar e exhibir as súas pezas. Este proxecto está actualmente dirixido e curado por Sergio Marey, un novo artista lucense.

Solaina quere ser un referente da arte na Galiza e no mundo, e cuxo obxectivo é proporcionar “un espazo aberto a todas as artes e disciplinas, a calquera proxecto, coa intención de descentralizar a arte e achegala á sociedade”.

Solaina non só permite dar a coñecer a novos artistas contemporáneos, dándolles oco nunha galería, senón tamén serve para visibilizar todas as disciplinas, dende a música á pintura, pasando pola instalación, a moda ou a foto entre outras. A idea é dar un espazo real para todas as artes e crear un lugar de diálogo para as artistas que queiran mostrar o seu proxecto. Solaina é ese lugar de encontro das artes, dunha cultura emerxente que quere estalar, e onde todes son benvides.

Dende a súa apertura leva realizadas 18 exposicións, 11 colectivas e 7 individuais, feiras como a feira de arte Arterite, en Lugo, Vaia Vaia – Feira de Fanzines e Autoedición, e outros proxectos. Solaina participou na feira de arte HYBRID ART de Madrid, en MmmadArt Madrid, organiza anualmente o Ciclo de Performance Mexer no Museo MIHL e o Ciclo de Música e Visuais Colusión na cidade amurallada, ademáis están a trabalhar en proxectos con outros concellos e institucións, como a sección escolas do Festival de Arte Audiovisual Contemporánea – Intersección, na cal foi curadora, o LabCareixa – Laboratorio de Teatro Experimental da Deputación de A Coruña ou coa Universidade de
Vigo.

Tamén cabe destacar a súa colaboración con outros espazos como Acéfala, Cubo ou Fuck This Studio e as súas aparicións en diferentes medios de comunicación tanto especializados como non e a súa colaboración con outras organizacións.