Skip to main content
Lugo

O PP amosa que varios pasos a nivel incumpren a normativa

Por 24 Maio, 2023Sin comentarios

Explican que un estudo amosa como algúns dos pasos de peóns elevados de Lugo presentan unha altura que supera nun 80% o máximo recomendado, mentres que hai lomos de asno que superan nun 135% o límite máximo de altura.

Os concelleiros do PP afirman ter recollidas queixas veciñais polas dimensións dalgúns dos pasos de peóns elevados de Lugo e para preguntar se as medidas dos mesmos estaban dentro dos límites legais marcados. Tantas foron as queixas, que dende o PP encargouse  a un estudo de enxeñería que se comprobase se as medidas destes elementos estaban dentro dos límites establecidos.

Antes de desvelar os resultados deste estudo, os concelleiros populares destacan que están a favor da colocación destes elementos redutores da velocidade en Lugo, xa que axudan a mellorar a seguridade de peóns e de condutores.

Tanto os pasos de peóns elevados como os redutores de velocidade coñecidos como ‘lomos de asno’ réxense por unha normativa estatal pero que non é de obriga cumprimento para as cidades. “A pesar de que non hai que cumprir con esas medidas, sería axeitado adaptarse ás recomendacións xa que teñen o mesmo efecto disuasorio sendo menos agresivos”, destacan.

Os resultados deste estudo amosaron que os pasos de peóns avaliados superan a altura máxima recomendada hasta nun 80%. É dicir, os pasos de peóns elevados teñen que ter unha altura máxima de 10 centímetros e os cinco avaliados teñen unha altura de ata 18 centímetros. “Superan a altura máxima hasta nun 80% o que provoca serias dificultades para superalos, chegando nalgún caso a rozar na parte baixa dos coches”, apuntan.

Os lomos de asno teñen unha problemática semellante, pero con diferenzas de altura que superan o límite máximo, nalgún caso, nun 135%. A altura máxima para estes elementos é de 6 centímetros e detectáronse algúns de ata 14 centímetros de altura.

Este estudo tamén detectou outras eivas nas medidas da plataforma ou ramplas de entrada dos pasos de peóns e lomos de asno estudiados.

ELEMENTOS AVALIADOS

Este estudo realizouno unha empresa de enxeñería especializada neste tipo de actuacións, que realizou as medicións cun láser 3D de precisión para garantir a correcta medición destes elementos.

Os pasos de peóns e lomos de asno que se someteron a estudo foron aqueles que, según din, máis queixas suscitaron entre a cidadanía:

Pasos de peóns avaliados:

  • Avenida de Ramón Ferreiro
  • Rúa Angelo Colocci (marxe dereita)
  • Rúa Angelo Colocci (marxe esquerda)
  • Avenida Paulo Fabio Máximo (marxe dereita)
  • Avenida Paulo Fabio Máximo (marxe esquerda)

Lomos de asno avaliados:

  • Aveniga de Magoi (marxe esqueda)
  • Avenida de Magoi (marxe dereita)
  • Rúa Santo Graal (á altura do número 20)
  • Rúa Santo Graal (á altura do número 32)
  • Rúa Santo Graal (á altura do número 68)