Skip to main content
Lugo

Alexandre Penas di que o PP quere para Lugo o “modelo Baltar”

Por 24 Maio, 2023Sin comentarios

O edil de Infraestruturas urbanas destacou que “os elementos de calmado de tráfico de Lugo cumpren coa normativa vixente.

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, afirmou que os elementos de calmado do tráfico habilitados polo Goberno de Lugo cumpren coa normativa vixente para este tipo de elementos. Penas destacou que o PP de Lugo “non deixa de poñer en dúbida o traballo do persoal do concello de Lugo” e afirmou que “desde a concellería de Infraestruturas seguiremos traballando para que Lugo conte cun tráfico calmado e para garantir un bo nivel de seguridade vial”.

“O PP quere para Lugo o modelo Baltar, poder circular a 215Km/h polas rúas de Lugo” afirmou Alexandre Penas, que engadiu “neste mandato construíronse máis dun cento de elementos de calmado do tráfico, conseguindo reducir a sinistralidade viaria nos nosos espazos públicos” .

O concelleiro de Infraestruturas afirmou que a intención do Goberno de Lugo é “converter a Lugo nunha cidade segura, na que toda a veciñanza poida desprazarse a pé, en transporte público ou en coche”.