Skip to main content
Lugo

Ciudadanos presenta as liñas vermellas para formar goberno despois das eleccións

Por 26 Maio, 2023Sin comentarios

A candidata de CS á alcaldía, Olga Louzao, presentou as liñas vermellas para negociar o goberno do seguinte mandato se cidadáns é a chave de goberno.”Seremos decisivos no próximo mandato e imos marcar as prioridades do próximo goberno. Os lucenses deben saber que o voto a Ciudadadanos é a única garantía de que se aborden os problemas que realmente preocupan aos veciños. O cambio na cidade pasa por comprometerse coa nosa folla de roteiro”, sinalou a alcadable.

“O novo PXOM ten que ser o documento vertebrador da cidade, polo que debe axustarse á nosa realidade, e non facerse desde un despacho de Madrid. O actual Pepri está a impedir as rehabilitacións do centro histórico, por iso tamén vemos necesario a súa actualización. Ademais obrigaremos a protexer Val do Rato cambiando o trazado da Ronda Leste. É necesario realizar un estudo do tráfico e valorar solucións alternativas como a que expomos con creación da Avenida Vila Verde, que permitirá desconxestionar o tráfico de Fontiñas e que dará alternativa a esta infraestrutura”, aseverou Louzao.

“É necesario que a cidadanía participe no as decisións municipais. Para iso, será condición ineludible poñer en funcionamento os diferentes órganos participativos. Ademais impulsaremos a creación do Consorcio do centro histórico para implicar ao resto de administracións na posta en valor do noso patrimonio. O próximo goberno terá que ser transparente”, sinalou a candidata.

Nestas liñas vermellas de melloras para o concello Cs tamén ve necesario reforzar os servizos sociais da cidade. “As subvencións ás entidades de carácter social levan unha década paralizadas, temos que protexer aos sectores máis vulnerables do noso municipio, e estas entidades fan un labor crave. Por iso queremos aumentar o orzamento para este servizo, e actualizar as subvencións ás nosas entidades”, considera a candidata.

“En canto á mobilidade, queremos reformular o carril bici da cidade. Esta infraestrutura para o único que serviu é para quitarnos prazas de aparcamento e que os cidadáns contaminen aínda máis polo tráfico en busca dun lugar onde deixar o coche. Neste sentido, tamén é necesario mellorar o transporte público, que sexa eficaz e que chegue tamén ás nosas parroquias en horarios lóxicos e con boas frecuencias”, afirma Louzao.

Outros dous puntos vitais para a candidata é rehabilitar e rexenerar os barrios e mellorar a seguridade na zona norte: “É innegable que en Lugo hai barrios de primeira e de segunda. Por iso queremos levar a cabo un programa de rehabilitación de barrios, mellorando as vivendas e servizos. Tamén queremos mellorar a seguridade da zona norte xa adaptar a captación de fondos europeos ás necesidades veciñais», explicou. «Non imos negociar con postos, imos negociar por Lugo, e estes 10 puntos son prioritarios para conseguir unha cidade capaz mellorar a nosa calidade de vida e xerar riqueza”, finalizou a concelleira.

Liñas vermellas para o próximo mandato:

  1. Rehabilitación, rexeneración de barrios e maior seguridade na zona norte
  2. Impulsar unha novo PXOM e actualizar PEPRI para definir o proxecto de cidade
  3. Protexer o Val do Rato da Ronda leste
  4. Abrir as decisións municipais á participación
  5. Transparencia na xestión municipal
  6. Solucións á mobilidade e reformular o carril bici
  7. Mellorar os roteiros do transporte público
  8. Reforzar servizos sociais con máis orzamento
  9. Desbloquear os servizos municipais saturados
  10. Adaptar a demanda de Fondos europeos ás necesidades veciñais