Skip to main content
Lugo

Rubén Arroxo anuncia a renovación do alumeado na zona de San Roque

Por 31 Maio, 2023Sin comentarios

Aprobouse a renovación das luminarias ubicadas nas rúas Hermanitas, Río Neira, Cidade de Vigo, Pedro González López, Dinán e Praza de Bretaña, o que supón un investimento de 192.740,90€.

Rubén Arroxo, anunciou que vén de aprobarse unha nova actuación de actualización na rede de alumeado público municipal na contorna da Fonte dos Ranchos. “Desde a Concellería de Infraestruturas continuamos a avanzar na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente”, explicou Rubén Arroxo.

O Goberno de Lugo renovará as luminarias das rúas Hermanitas, Río Neira, Cidade de Vigo, Pedro González López, Dinán e Praza de Bretaña que na actualidade empregan elementos contaminantes como Vapor de Sodio, e que pasarán a ser luminarias LED de baixo consumo e alta eficiencia. “Trátase de luminarias programables, que permitirán aumentar o aforro enerxético nas horas sen tránsito peonil nin de vehículos”, explicou Rubén Arroxo.

O consumo enerxético do alumeado desta zona reducirase en preto dun 37%, permitindo que Lugo avance na implantación dun alumeado eficiente en toda a cidade. Arroxo lembrou que a concellería de Infraestruturas investiu, nos últimos anos, máis de 3 millóns de euros na renovación do alumeado público, instalando luminarias de baixo consumo e aplicando a perspectiva de xénero.