Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Consulta os resultados das eleccións municipais 2023 nos concellos da Ribeira Sacra

Por 29 Maio, 2023Decembro 18th, 2023Sin comentarios

Todos os veciños lucenses exerceron o seu dereito ao voto nas eleccións municipais deste domingo 28 de maio.

O PSOE consegue a maioría absoluta en Monforte con 10 concelleiros, polo que José Tomé repetirá como alcalde outra lexislatura máis. Mentres, o PP conseguiu 4 concelleiros, o BNG 2 e Esperta Monforte 1.

Pola súa parte, o PP consegue maioría absoluta en Chantada, Bóveda, Carballedo, O Saviñao, Pantón, Sober e Folgoso do Courel.

No caso de Chantada, o PP conseguiu 7 concelleiros para que Manuel Lorenzo Varela poida seguir gobernando, mentres que Por Chantada subiu un concelleiro con respecto ao ano 2019 e o PSOE baixou ata conseguir os 2 concelleiros.

En Bóveda, o PP acadou 6 concelleiros, mentres que o BNG en 2 e o PSOE 1.

Pola parte de Carballedo, o PP conseguiu 9 concelleiros, mentres que o PSOE e o BNG conseguiron 1 cada un.

O Saviñao volverá ser gobernado por Juan Carlos Armesto, do PP, con 8 concelleiros, mentres que o PSOE conseguiu 3 concelleiros.

Respecto a Pantón, o PP acadou 6 concelleiros, o BNG 3 e o PSOE e Avanza Pantón 1 respectivamente.

Xa en Sober, o PP amén conseguiu maioría absoluta con 8 concelleiros, mentres que Agroma Sober conseguiu 2 e o PSOE 1.

Con respecto ao último dos concellos da Ribeira Sacra onde o PP acadou a maioría absoluta, en Folgoso do Courel conseguiu 4 concelleiros, mentres que o PSOE acadou 1 e Caurel Vivo, 2.

Outro Concello que repite con maioría absoluta é o da Pobra do Brollón, onde BNG acadou 6 concelleiros, co que volverá gobernar Xosé Luis Maceda; mentres que o PSOE e o PP conseguiron 2 e 1 respectivamente.

Con respecto a Quiroga, os resultados danlle a vitoria ao PP, que consegue 5 concelleiros, mentres que Independentes Por Quiroga ten 3, o PSOE ten 2 e o BNG ten 1. Tendo en conta que a maioría absoluta está en 6, terán que negociar pactos de goberno.

En Taboada, o PP baixa dous escanos con respecto ao ano 2019 e queda con 4, os mesmos que conseguiu o PSOE. A novidade neste Concello é que aparece o BNG no panorama político como forza, xa que conta con 3 concelleiros. Como a maioría absoluta é de 6 concelleiros, poderá haber unha coalición de esquerdas.

Por último, Ribas de Sil volve repetir co PSOE como forza política máis votada e así consegue a maioría absoluta. Os resultados son os mesmos que nas eleccións do pasado 2019: 5 concelleiros para o PSOE e 2 para o PP.

 

Concello Concelleiros totais Concelleiros maioría PSOE PP BNG IxQuiroga Anticorrupción y Justicia Agroma Sober-IGV Avanza Pantón Por Chantada Xuntos polo Cambio Chantada Centro Courel Vivo Esperta Monforte
A Pobra do Brollón 9 5 1 2 6
Bóveda 9 5 1 6 2
Carballedo 11 6 1 9 1
Chantada 13 7 2 7 0 4 0 0
Folgoso do Courel 7 4 1 4 2
Monforte de Lemos 17 9 10 4 2 1
O Saviñao 11 6 3 8
Pantón 11 6 1 6 3 1
Quiroga 11 6 2 5 1 3
Ribas de Sil 7 4 5 2 2
Sober 11 6 1 8 2
Taboada 11 6 4 4 3 0