Skip to main content
Folgoso do Courel

A Asociación Cultural Fonte do Milagro do Courel organiza unha xornada en Froxán o 20 de maio

Por 6 Maio, 2023Maio 7th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 20 de maio, a Asociación Cultural Fonte do Milagro do Courel organiza unha xornada en Froxán desde as 11.00 horas.

Durante este día, as persoas que se acheguen a esta parroquia poderán desfrutar de rutas, música da terra, polvo e churrasco, así como de sidra.

Xurxo Souto será o encargado de ser o mestre da ceremonia e o grupo Os seis de Airavedra actuarán pola tarde para amenizar o día.

Por último, “para gastar algo de enerxía”, os que estean dispostos percorrerán a Serra de Aire, haberá un xogo da chave e da rá e alguha sorpresa máis.