Skip to main content
Folgoso do Courel

Lola Castro, alcaldable do PP de Folgoso do Courel, defende que son “un equipo representativo do concello”

O PP presenta en Folgoso do Courel unha candidatura ás eleccións locais na que “prima a experiencia na xestión, curtida ademais nas especiais dificultades creadas polos incendios forestais de meses atrás”, argumentan os populares.

Como candidata a repetir na Alcaldía, Lola Castro, sinala: “Tocounos vivir tempos con retos que foron moi difíciles de afrontar, pero isto no fixo que cesara o noso empeño por seguir sacando adiante os proxectos que tanta falta fan no noso Concello”.

Da lista que encabeza, Castro di: “Hoxe tedes antes vós un equipo unido, solvente e con experiencia; un equipo que mantén a mesma ilusión que a primeira vez ou incluso máis e con gañas renovadas para seguir acadando o mellor para todos e cada un dos nosos veciños e veciñas do Courel”.

A candidatura popular constitúe “un equipo próximo e representativo do noso Concello, profundamente coñecedor das dúas necesidades e completamente implicado para resolver os problemas dos veciños e veciñas”, sostén.

Os membros da lista popular agradecen “a confianza depositada en nós todo este tempo” e están “seguros de que xuntos seguiremos avanzando”.

A lista está conformada por sete persoas: Dolores Castro Ochoa, José Antonio López Rodríguez, María del Carmen Vergara Ramos, Filomena Vila Fernández, Pedro Lemos López, José Luis López Rodríguez e José Antonio Vilariño Rivera.