Skip to main content
Folgoso do Courel

Un curso de apicultura avanzada terá lugar no Concello de Folgoso do Courel este fin de semana

Por 19 Maio, 2023Sin comentarios

Os vindeiros 20, 21 e 27 de maio terá lugar un curso de Apicultura no Concello de Folgoso do Courel organizado polo goberno local e o colectivo Montañas do Courel.

Durante este curso, impartido por Israel Ferrero Graíño, aprenderase sobre apicultura de montaña avanzada.

Así, as persoas interesadas en participar terán que chamar ao 982 43 30 01, xa que hai só 20 prazas reservadas para formar parte da actividade e terán preferencia as persoas empadroadas no concello.

Así, o sábado, 20 de maio, terá lugar a primeira parte do curso, que será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas e na que se impartirá a sesión teórica da iniciación á apicultura.

Pola súa parte, o domingo, a sesión será só de mañá, de 10.00 a 14.00 horas e nesta sesión terá lugar a primeira sesión práctica de iniciación á apicultura.

A seguinte sesión será o sábado 27 de maio, cando a sesión volverá a ser de mañá, coa parte teórica, e de tarde, coa sesión práctica, co mesmo horario que o sábado anterior, pero xa falando de apicultura avanzada.