Skip to main content
Monforte

Katy Varela aposta por impulsar a rehabilitación de edificios “en mal estado” do casco histórico de Monforte

Por 15 Maio, 2023Sin comentarios

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, arroupou á candidata popular á alcaldía, Katy Varela, acompañada de distintos membros da lista electoral, e percorreu con eles varias rúas do casco histórico e explicou as liñas que ten abertas o seu departamento para impulsar a rehabilitación de edificios en Galicia.

A candidata popular á alcaldía, Katy Varela, sinalou: “No paseo que demos coa conselleira comprobamos a gran cantidade de edificios en mal estado que hai no casco histórico da cidade, no corazón da cidade”.

Así, explicou que se chegan á Alcaldía, “comprometémonos a que as axudas para rehabilitación que se firman coa Xunta de Galicia realmente cheguen aos cidadáns, e por outro lado, intentaremos que Monforte acceda ao Plan Rexurbe, como xa teñen outras cidades da provincia”.

Explica que desta maneira, impúlsase a rehabilitación de edificios en puntos estratéxicos, “como é o casco histórico”. Así, “tamén sería posible aumentar a oferta de pisos en aluguer”, defende.

Por último, argumenta que “a rehabilitación é esencial para mellorar a imaxe da cidade, nunha zona tan sensible como é o casco histórico, e para fixar poboación, porque para iso é esencial que os mozos e as mozas teñan unha oferta inmobiliaria atractiva”.