Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Deputación de Lugo financiará nun 95% a creación dun centro sociocultural na Pobra do Brollón

Por 20 Maio, 2023Maio 21st, 2023Sin comentarios

A antiga vivenda do conserxe da Pobra do Brollón será acondicionado como centro sociocultural da xuventude despois de que a entidade municipal finara un convenio interadministrativo de cooperación coa Deputación de Lugo.

A iniciativa responde ás demandas da xuventude da Pobra do Brollón, xa que facendo esta reforma posibilítase un espazo seguro e acolledor onde os veciños máis novos poidan xuntarse e compartir intereses.

Así, neste edificio poderán desenvolverse talleres educativos, debates, actividades culturais que fomenten a creatividade e actividades lúdicas que favorezan a relación entre os mozos son tan só algunhas das ideas de uso para o futuro centro. En todo caso, serán os propios usuarios os que finalmente definirán as actividades a desenvolver, co obxectivo de que participen activamente na comunidade.

O edificio sitúase nun conxunto de edificacións que formaban parte do complexo escolar, e que nos últimos anos o Concello da Pobra do Brollón está a acondicionar con diferentes equipamentos, como son o pavillón municipal, o novo albergue, o conservatorio municipal de música e seis vivendas de aluguer social.

O proxecto, pendente de licitación, será financiado nun 95% pola Deputación de Lugo e o restante 5% polo Concello da Pobra do Brollón.