Skip to main content
Sober

O colexio de Sober acollerá clases de ioga todos os xoves do mes de xuño

Por 30 Maio, 2023Sin comentarios

A partir do 1 de xuño, o ximnasio do colexio de Sober acollerá todos os xoves clases de ioga para principiantes de 20.00 horas a 21.00 horas.

Nestas clases, adaptadas a todos os niveis, será necesaria unha esteira e roupa cómoda.

O ioga é unha práctica saudable que, segundo os que a practican, contribúe a conseguir un equilibrio entre a mente e o corpo.