Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

O Club Xirandela conseguiu sete ouros no XXII Torneo Vila de Sarria de Ximnasia Rítmica

Por 23 Maio, 2023Sin comentarios

Este domingo tivo lugar o XXII Torneo Vila de Sarria de Ximnasia Rítmica que reuniu a máis de 300 ximnastas de diversos clubs galegos, así como a afección que encheu o pavillón.

Desde o club din que “todo marchou como unha seda e todo saiu como esperabamos”, polo que agradecen a todas as persoas que estiveron presentes “o apoio aos colaboradores, pais, nais adestradores e ximnastas que fixestes que isto fose posible”.

Así, comentan os resultados deste torneo, no que acadaron diferentes éxitos. As categorías de Cadete Nivel B, Iniciación Escolar, Benxamín A Escolar, Alevín A Escolar, Infantil Escolar, Cadete A Escolar e Senior Prebase (4º) conseguiron a medalla de ouro.

En canto ás medallas de prata, os equipos que as conseguiron foron Iniciación Nivel B, Alevín nivel B, Alevín B Escolar e Cadete B Escolar.

Por último, con respecto aos bronces, conseguíronos o Prebenxamín Nivel B e o Benxamín B Escolar.