Skip to main content
Láncara

Os nenos e nenas que participaron do Certame do Día das Letras da Asociación Val de Láncara obtiveron os seus premios

Por 18 Maio, 2023Maio 19th, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Val de Láncara entregou os premios aos gañadores do Certame das Letras Galegas que convocaron hai un mes para a participaron do alumnado dos centros educativos CEIP plurilingüe do Páramo e o CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao.

Nesta edición, os nenos e nenas participantes tiñan que facer un debuxo ou unha redacción, podían elixir segundo o que mellor se lles dera ou lles gustase, coa temática das letras galegas ou podían escoller unha palabra en galego da súa contorna e facer unha redación ou debuxo sobre ela.

Así, recolléronse os traballos de todos os participantes o pasado venres e un xurado, composto por un profesor de cada centro educativo, un membro do Concello de Láncara e un membro da Asociación Val de Láncara; levou a cabo a votación por ciclo para elixir as melloras obras.

Así, saíron os premiados que se recoñeceron durante o Día das Letras Galegas, xornada na que tamén estiveron expostos todos os traballos feitos polos nenos e nenas participantes no certame no colexio da Pobra de San Xiao.

Desde a Asociación quixeron agradecer a pais, educadores, nenos e achegados da vila que participaron da entrega de premios e da xornada en xeral organizada polo colectivo, xa que explican: “Coa vosa presenza e colaboración fixestes posible que o Día das Letras Galegas do 2023 fose tan especial para nós”.