Skip to main content
Paradela

O alcaldable de Paradela, José Manuel Mato, exporá os dez compromisos que ten co Concello para o vindeiro mandato

Por 9 Maio, 2023Maio 10th, 2023Sin comentarios

O Partido Popular de Paradela presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións do 28 de maio, encabezada polo alcalde José Manuel Mato Díaz, un dos máis veteranos e experimentados de Galicia, que leva desde 1979 sendo alcalde, encadeando once lexislaturas seguidas, nas que o PP lle deu a súa confianza.

Ademais da campaña de información de xeito directo a través de actos por todo o Concello, o Partido Popular en Paradela vai facer tamén nestas eleccións unha campaña dixital a través de Facebook e Instagram para facer chegar as súas mensaxes de xeito especial aos votantes mozos.

O alcaldable fará chegar aos internautas, a través dos medios dixitais e ata o comezo da campaña, información de dez das máis importantes realizacións do Concello durante os últimos anos.

Despois do comezo da campaña, cada día formulará o compromiso dun tema vital para o Concello, para os próximos catro anos. Así, a campaña, tanto do xeito tradicional como virtual, basearase en “10 grandes realizacións – 10 grandes compromisos” en relación con Paradela.

Ademais de José Manuel Mato Díaz, na lista atópanse os seguintes nomes: María Montserrat Mulet Sar, Jesús Pablo López González, Ana Belén López Álvarez, Hugo Pérez López, Iria Regueiro Rodríguez, Alejandro Manuel Sánchez López, María Rocío Domínguez Brea e Oscar Mato Álvarez.