Skip to main content
Sarria

O Partido Popular de Sarria denuncia o estado de “abandono” do xardín vertical e do Chanto

Por 7 Maio, 2023Maio 8th, 2023Sin comentarios

O Partido Popular de Sarria expón dúas das contornas da vila que, para eles, están “mal mantidas” polo goberno local de Sarria.

En primeiro lugar, din que o xardín vertical da Rúa Maior “languidece abandonado, sen mantemento e medio estartalado”. Din que, despois de executarse hai dous anos, “dá unha imaxe deplorable, froito da desidia municipal, ante os ollos de centos de peregrinos diarios en pleno Camiño Francés”.

Por outra parte, critican o estado dun edificio apuntalado no Chanto, que leva así desde outubro de 2020. Explican que Claudio Garrido prometera un proxecto de recuperación da zona do Chanto, pero “a día de hoxe segue abandonado e ninguén coñece ningún proxecto nin idea sequera”.