Skip to main content
Sarria

O Grupo Xacobeo Sarria organiza unha nova ruta para o vindeiro 14 de maio por Asturias

O Grupo Xacobeo Rutas organiza unha nova ruta para o vindeiro 14 de maio, no que as persoas que participen percorrerán Las Xanas, de Asturias.

Na ruta programada, as participantes farán unha ruta de dez quilómetros de dificultade media polo desfiladeiro de Las Xanas e pola senda de Valdovales.

Ao rematar a ruta, ao mediodía, terá lugar a comida en Trubia, na que se degustará a sidra. E xa pola tarde, visitarán a vila de Cudillero.

As persoas interesadas en participar poderán reservar a súa praza no número 609 027 518 e terán que pagar 42 euros se son socios e 45 euros se non o son.