Skip to main content
Sarria

O bastón de mando de Sarria

Por 17 Maio, 2023Sin comentarios

Este ano o principal concello da comarca sarriá acolle seis candidaturas políticas que loitarán pola Alcaldía no 28 de maio

Nas anteriores eleccións do 2019 presentáranse, ademais das actuais, Galicia Sempre e Compromiso por Galicia, dúas agrupacións hoxe desaparecidas e integradas no proxecto de Camiña Sarria, xunto co actual rexedor Claudio Garrido. O candidato independente, que gañou os anteriores comicios por primeira vez, intentarao de novo para proseguir coas liñas políticas implementadas. Pola contra no lado da oposición, Efrén Castro repite como candidato do BNG para mellorar os resultados anteriores, mentres que no PP apostan por unha imaxe renovada, da man de Carmen José López. Así mesmo, aparece no panorama político Ciudadanos e Vox.

PP. A candidata ás eleccións polo Partido Popular é Carmen José López, que di que “traballaremos por cada voto, por recuperar a confianza de aqueles que nola deron no seu momento e gañarémola de moitos que aínda non nos apoiaron, pero que o farán”.

Carmen López argumentou que estivo “a maior parte da miña vida tentando cambiar cousas desde movementos asociativos, traballando desde a sociedade civil para que Galicia e o seu interior sexa un territorio máis emprendedor, máis igualitario, mellor conectado e con máis oportunidades pero creo que chegou o momento de implicarme máis na política porque Sarria non pode seguir así”, manifestou.

“Estamos no momento de escoitar a todo aquel que queira achegar para confeccionar un proxecto común para Sarria, quedan por diante moitas reunións con colectivos e veciños para que o día que arrinque a campaña electoral iniciémola co mellor programa posible, cun programa de todos e para todos”, avanzou.

Por último, con respecto a Sarria, dixo: “Necesitamos que Sarria recupere o tempo perdido, que Sarria volva ser unha vila emprendedora, unha vila con industria, que poña en valor o seu rural e a súa cultura. Sarria merece saír da conflitividade política, dos insultos e dos egos. Sarria merece que volvamos falar de construír, de crecer, que volvamos ilusionarnos. Sarria merece máis, moito máis”; de aí que Carmen José López asuma este reto “non para a política, asúmoo para traballar por Sarria utilizando a política como instrumento para facelo”.

PSOE. Benjamín Escontrela é o candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Sarria. Nado no Barrio Novo, onde viviu sempre coa súa familia, Benjamín Escontrela é médico, e desenvolveu a maior parte da súa actividade profesional no municipio sarriao. Unha ampla traxectoria profesional, reforzada polos últimos anos en política como Concelleiro, grazas ás que coñece “moi ben a realidade do meu pobo e as súas necesidades”.

Neste senso, o candidato socialista, que afronta este novo reto “con enerxía e moitas ganas de traballar por Sarria dende a Alcaldía”, marca como prioridades a promoción económica e industrial, con medidas como “a posta a disposición de solo para que as empresas non sigan marchando, como está sucedendo na actualidade, e para que veñan novas empresas”.

Tamén, o deseño e implantación dun “bo plan de servizos sociais, de axuda a domicilio, axuda no fogar e conciliación laboral e familiar”, como impulsou neste últimos anos como Concelleiro. Neste ámbito, considera esencial “unha reforma estrutural en todos os sentidos da residencia, que hai que ampliar e adecentala, ademais de crear un centro de día, onde se poidan desenvolver talleres de memoria ou terapia cognitiva, entre outras actividades”.

Potenciar o Camiño de Santiago como recurso xerador de riqueza e emprego en Sarria, “onde podemos ofrecer todos os servizos que precisan os peregrinos para o seu benestar, tanto atención sanitaria as 24 horas, como servizos de tren ou albergues, entre outros”, é outra das súas apostas.

BNG. O partido nacionalista presentou a Efrén Castro como candidato á Alcaldía. Castro declarou que “é un orgullo e unha responsabilidade encabezar a lista do BNG , somos un grupo de mulleres e homes que nos une o amor por Sarria e cremos firmemente nas potencialidades do noso concello e temos un proxecto para sacar ao goberno municipal do estancamento e comezar a construír a Sarria que nos merecemos” e rematou dicindo “presentámonos co claro obxectivo de acadar a alcaldía para transformar o noso pobo humanizando os espazos urbanos, e facer da nosa vila un sitio onde os espazos públicos estean pensados para as persoas, e ante proxecto políticos movidos por odios persoais, o noso e un proxecto que pretende levar a Sarria a súa máxima expresión para que nos volvamos sentir orgullosos de ser sarriaos.”

CAMIÑA SARRIA. O candidato a revalidar a Alcaldía, Claudio Garrido, resaltou que “a pesar das dificultades de gobernar en minoría e dos continuos obstáculos que tratou de poñer a oposición máis obstrucionista e destrutiva dos últimos mandatos”, entre os principais logros destes catro anos figuran os seguintes: a apertura da Ponte Ribeira despois de oito anos pechada ao tráfico; a posta en funcionamento da piscina climatizada, que xa conta con máis de 1.000 usuarios; o reforzo da seguridade cidadá coa recuperación do servizo nocturno da Policía Local; a aprobación dos primeiros orzamentos municipais en cinco anos; as múltiples obras de acondicionamento da rede viaria do rural; o reparto das subvencións aos clubs e entidades deportivas; a creación da Concellaría do Camiño para corrixir o abandono e deterioro do Camiño; e a adquisición da Feculeira para a súa posterior conversión nun gran espazo cultura.

“Somos a única candidatura con credibilidade para realizar novas promesas porque, a pesar de todos os atrancos, demostramos con feitos que temos palabra e que sabemos xestionar para cumprir o que prometemos”, remarcou o candidato.

VOX. Ángel Francisco Lamela Fouz é o candidato pola agrupación política VOX para as eleccións do Concello de Sarria. Vinculado ao sector do aluminio, é xerente dunha empresa de carpintería metálica e distribución de sistemas para a construción e di presentarse “con moitas ganas e ilusión”. Di que neste municipio o que más se necesita é crear solo industrial para que as empresas poidan medrar e desenvolverse, así como crear as condicións necesarias para que outras empresas se asenten.
Por outra banda, tamén defende a necesidade de “crear garderías para os nenos”, xa que “hai unha gran falta de lugares onde os pais poidan deixar aos seus fillos cando van traballar”.

CIUDADANOS. O partido Ciudadanos en Sarria presenta a súa candidatura para as vindeiras eleccións do 28 de maio que encabeza José Manuel Bello.

Bello é actualmente concelleiro do PP, pero iniciou os contactos co partido político laranxa manifestando a súa vontade de incorporarse pola súa afinidade ideolóxica e a súa confianza na dirección autonómica do partido, ademais de que perdera a confianza no proxecto liderado por Elena Candia. Así, na súa lista integraranse independentes e militantes da formación laranxa, a pesar de que o PPdeG “tentou torpedeala presionando ata a cinco membros da lista de Cs”, segundo informa o propio Bello.

José Manuel Bello xa mantivera reunións con Ciudadanos, partido que xa manifestara o seu interese polo concelleiro popular.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. Benjamín Escontrela Díaz
2. José Manuel López Torre
3. Diego López López
4. Fátima Gómez Hermida
5. Helena Josefina Meinhardt Iturbe
6. María Del Carmen Rivero López
7. Yorley Alejandra Petit Espinel
8. Vanessa Virginia Alamancos
9. Manuel Loureiro Díaz
10. Pablo López Barrera
11. Francisco Javier Vázquez Vilares
12. José Manuel García López
13. Olga López Moure
14. Juan Manuel López Jul
15. Ana María Cortiñas Armesto
16. Ana Belén Barreira Rouco
17. Antonio García Osorio
Suplentes:
1. María Violeta Bernardo Vázquez
2. Margarita López Rodríguez
3. Zulma Alexandra Ariza Cortés
4. Luciano Lorenzo Pereiro
5. José Manuel Pérez Rodríguez
6. María Luisa López Lebón
7. José Luis Parga García

PP

1. Carmen José López Rodríguez
2. Ricardo Arias Alvaredo
3. Diana García García
4. Marcos López Sánchez
5. Jesús Rodríguez Martínez
6. Mirian Losada Pereiro
7. José Manuel Fernandez González
8. María Isabel López Valiña
9. María José Melle Rivas
10. Pablo Díaz Pradeda
11. Laura López López
12. Martín Páramo Fernández
13. Juana Angelina Rodríguez
14. Rafael López Fernández
15. Manuel Valiña López
16. Albina Vilariño Martínez
17. Fernando Carlos Rodríguez
Suplentes:
1. Mirela Ferizovic Korjenic
2. Esperanza López Rodríguez
3. Marcos López López
4. Raquel Fernández García
5. José Manuel Corbelle

CAMIÑA SARRIA

1. Claudio Garrido Martínez
2. Reyes Abella García
3. Félix Seijas Fernández
4. María Eugenia Valcárcel López
5. César No Cortiñas
6. Borja García López
7. Ana Isabel Vergara López
8. Martín López Vázquez
9. Alba López Pérez
10. María Elena Real Rodríguez
11. Humberto Lebón Díaz
12. Carmen Fernández Iglesias
13. José Montero Losada
14. Karina López Díaz
15. José Luis Barreal López
16. Alexandra Somoza López
17. José González Regueiro
Suplentes:
1. Tomás López López
2. María Luz Pereiro Carreira
3. Luis López Fernández
4. María Cristina de Las Heras
5. José Alberto Villar Díaz
6. Eva Souto Quiroga
7. Juan Pedro Durán López
8. María Del Carmen López Castro
9. Sheyla López Rego
10. José María Escudero Tomás

VOX

1. Ángel Lamela Fouz
2. Blas Vila Expósito
3. Daniel Pérez Cabo
4. Delia Rodríguez Fernandez
5. Verónica Arroyo López
6. Pedro Martínez Suarez
7. Rafael Felipe Díaz Cabal
8. Agustín Ordoñez Bouzas
9. Esther Torresano Pestaña
10. Gemma Ariznavarreta
11. José Ignacio Zubizarreta Tinoco
12. María Rancaño Herrán
13. Rocio Patricia Mateos Pizarro
14. Manuel Berdasco Menendez
15. Emilio José Panadero López
16. Josefa Diaz Landriz
17. José María Bustabad Cao 

BNG

1. Efrén Castro Caloto
2. Mónica López Rodríguez
3. Sandra Barja Núñez
4. Ariadna Segalá Farrés
5. David Neira Rodríguez
6. Germán Arias López
7. María Fernández Pérez
8. Luís González Varela
9. Luís Ángel López Melle
10. María Do Carme García Conde
11. Ainara Alonso Oliveira
12. Fernando José López Campo
13. Adela Fernández Armesto
14. Aitor Freán Campo
15. Paula Arias Pérez
16. Jessica López Sobrado
17. José Luís Castro Páramo
Suplentes:
1. Xosé Elías Somoza Regueiro
2. María Elvira Pallares Gallego
3. Miguel Ángel López Fojo

CIUDADANOS

1. José Manuel Bello Rodríguez
2. Yago Fernández Teijeiro
3. María Carmen Losada Díaz
4. Fernando López Piecho
5. Yenny Faizuly Ladino Arias
6. Javier Fernández López
7. Nohara Rodríguez Cuéllar
8. Miguel Ángel Penela González
9. María Paz Teijeiro Vila
10. Manuel López Leira
11. María de La Luz Muñoz
12. Jaime Arias López
13. Mercedes Rodríguez Fernández
14. Reinaldo Antonio Colón
15. Mario Jato Río
16. María del Pilar Castro López
17. María de Las Mercedes Vega
Suplentes:
1. Marcos Rodríguez Yáñez
2. Iago Goyanes Rey
3. Idalia María Pereiro Domínguez