Skip to main content
Sarria

O alumnado do IES Xograr de Sarria actuará polo Día das Letras Galegas co alumnado da Asociación Meigas e Trasgos

Por 13 Maio, 2023Maio 15th, 2023Sin comentarios

O alumnado do IES Xograr de Sarria está a preparar unha actuación para a semana das Letras Galegas coa colaboración de distintas asociacións de baile tradicional de Sarria.

Así, a profesora de baile tradicional, Ruth Pérez Rodríguez, da asociación Peleiriños, estivo estes días nas clases de Educación Física e engaiolou ao alumnado co baile tradicional e coa pandeireta.

O xoves 18 de maio, no descanso, o alumnado participante, xunto con alumnado da Asociación Meigas e Trasgos, actuarán coa “Muiñeira de Emilio do Vilarón” gravada por Airiños da Febra.

Pola súa parte, o venres 19 de maio, a agrupación Clarisaxos, na que participan varios alumnos do centro, interpretará un repertorio de música galega poñendo o broche de ouro á semana.