Skip to main content
Begonte

Begonte recupera este domingo a Romaría de San Vitorio e abre unha exposición en homenaxe

Por 11 Maio, 2023Maio 12th, 2023Sin comentarios

O próximo domingo, 14 de maio, vaise celebrar a Romaría de San Vitorio na capela sita na parroquia begontesa de Damil, recuperando a tradición que levaba interrompida os últimos quince anos.

Con este motivo, no Restaurante Casa Varela de Damil, que rexenta Daniel Ferreiro López (Dani), vén de abrirse unha exposición de pintura sobre temas relacionados coa romaría do San Vitorio -o santo, a capela, a contorna…- como colaboración con esta celebración na parroquia, dun grande arraigo popular en toda a comarca.

Cinco dos cadros expostos son de Marina López López, a matriarca de Casa Varela, grande afeccionada á pintura, que xa veu colgando varias das súas obras no establecemento; un de Ramón Fernández Campos, pintor de Saavedra, e un de José López Soto, recentemente falecido, que foi alcalde do Concello de Muras.

A exposición pode ser visitada libremente no horario do Restaurante, de domingo a venres (ámbolos dous incluídos).

FESTAS

As parroquia celebra a fin de semana as festas na honra de San Victorio e faino con dúas sesións. O sábado haberá misa solemne pola mañá e sesión vermú coa orquestra Escaparate. Esta mesma tamén e ocupará da verbena. O domingo as festas rematarán trala misa solemne e a sesión vermú do dúo Venus.

Paralelamente ten lugar a tradicional romaxe, que sempre se celebra na fin de semana máis próxima ao 14 de maio, que é cando acoden os devotos á campela do mesmo nome. Ao lado do santuario hai unha fonte con augas moi recomendadas para a curación da sarna.