Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

A asociación A Xuntanza de Castro de Rei celebra o seu 20 aniversario

Por 6 Maio, 2023Maio 7th, 2023Sin comentarios

A asociación de mulleres rurais A Xuntanza de Castro de Rei conmemora este domingo, 7 de maio, os seus 20 anos de existencia, cunha serie de actos durante todo o día.

Os actos festivos arrancarán ao mediodía cunha misa na igrexa de Ponte de Outeiro, para lembrar as socias que xa non están e despois descubrirase unha praca no local social, que está situado na antiga escola unitaria. Este local vén de ser arranxado cunhas obras financiadas pola Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Neste local social haberá exposicións de distintos traballos realizados polos asistentes nos diversos cursos que promove a asociación.

No apartado musical haberá un concerto da Banda de Música Municipal e a actuación do artista guitiricense Javi en sesión vermú.

Un almorzo de confraternidade será o eixe da celebración, na que participarán unhas 200 persoas.