Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O BNG de Castro de Rei presentou a súa lista de candidatos

O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei presentou a súa candidatura nun acto público na carballeira de Castro Ribeiras de Lea, na súas senlleiras casetas do polbo.

Contou coas intervencións de diferentes integrantes da candidatura nacionalista, e tamén, coa palabras a candidata do BNG á alcaldía de Castro de Rei, Olga García Portela, e o responsábel de organización do BNG, Bieito Lobeira.

Durante o acto, Olga García presentou o seu equipo, o que destacou como “un grupo de 16 mulleres e homes está convencido nas posibilidades deste concello, e ademais, conta con toda a capacidade e con toda a ilusión para que xuntos lideremos o vindeiro goberno municipal”

Neste senso, a candidata do BNG subliñou “o BNG vai darlle a Castro de Rei o cambio que necesita, somos o único proxecto que pode liderar o avance da nosa veciñanza, baixo o criterio dunha xestión eficaz, o compromiso coa igualdade, a posta en valor dos nosos recursos, a defensa dos servizos públicos, é dicir, poñer no centro as necesidades das veciñas e veciños”

Olga García salientou que a candidatura do BNG “vai a por todas, Castro de Rei merece un cambio que poña todo o potencial deste concello a funcionar, con persoas honestas, traballadoras e con capacidade, e eses son os valores das persoas que conformamos esta lista”

Candidatura do BNG en Castro de Rei

  1. Olga García Portela
  2.  Digna María Lagarón Doval
  3. Adrián Rodríguez Rancaño
  4. María Xosé Fernández Covos
  5. David Vivero Novo
  6. Iria Corredoira García
  7. Manuel Anllo Canto
  8. Natalia Alonso Freire
  9. José Luís Fernández García
  10. Ana Belén Veiga Teijeiro
  11. Alfonso Legaspi Veiga
  12. María Loli Linares Fernández
  13. Germán Naval Lage

Suplentes

  • María Angelines Freire Castro
  • Carlos Alberto Rodríguez Rodríguez
  • Serafín Carballo Carballeira