Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O Castro de Viladonga terá concertos e outras actividades polas Letras Galegas e o Día dos Museos

Por 16 Maio, 2023Maio 23rd, 2023Sin comentarios

A Xunta de Galicia programa este ano máis de medio cento de actividades nos espazos museísticos que xestiona para conmemorar o Día Internacional dos Museos, que se celebra este xoves, 18 de maio, e incluirá visitas guiadas, obradoiros, xornadas de portas abertas, actividades didácticas e música, entre outras propostas dirixidas a todos os públicos. A meirande parte da actividade comeza o propio mércores e prolóngase ata a vindeira fin de semana, co gallo da Noite dos Museos.

Museo do Castro de Viladonga, no concello lucense de Castro de Rei, acolle o xoves actividades de orientación durante a mañá O desafío de aprender. Orientación e coñecemento. A actividade axudará a comprender mellor a nosa historia e o espazo natural do Castro.

E o sábado 20 de maio hai programación para a noite dos museos: xogos tradicionais a cargo de Xotramu, Asociación de Xogos tradicionais, de 17,30 a 19,30 horas. Tamén haberá música a cargo da Agrupación Cultural La Trova Coruñesa, de 18,15 a 19,30 horas e un concerto de Son de Corda de 19,30 a 20,30.

Finalizarán a xornada cuns petiscos, bebidas e queimada, a partir das 21.00 horas en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo e Castro de Viladonga.

Pero as celebracións arrancan este mércores cunha concerto con motivo do Día das Letras Galegas a cargo de LaMontagne&PicoAmperio. Será ás 18.30 horas con entrada libre ata completar o aforo.