Skip to main content
Cospeito

O Centro de Día de Cospeito celebra o seu aniversario cun xantar e música

Por 3 Maio, 2023Maio 19th, 2023Sin comentarios

O Centro de Día de Cospeito celebrará o día 11 de maio o se aniversario número XII dentor da Rede de Centros de atención aos maiores da Xunta de Galicia.

A celebración terá lugar a partir das 12.30 horas comezando cunha sesión vermú a cargo do acordeonista Carlos, que amenizará a xornada ata as 17.00 horas. Fará un descanso para o xantar, que terá lugar ás 13.30 horas na praza do Polbo. Poderán participar de balde todas as persoas que desexen achegarse pero haberá que reservar praza antes do xoves 4 de maio no teléfono 982 503 488.