Skip to main content
Cospeito

Abre o prazo de solicitude da escola infantil de Cospeito

Por 15 Maio, 2023Sin comentarios

O Concello de Cospeito abre hoxe o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso na escola infantil municipal para o curso 2023- 2024 e este prolongarase ata o 30 deste mes.

O formulario, xunto coa documentación requirida, poderá presentarse vía telemática a través da sede electrónica ou de forma presencial, solicitando cita previamente, no departamento de servizos sociais.

Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 982 520 001.