Skip to main content
Cospeito

O centro de día de Cospeito festexa ao seu aniversario cunha festa

Por 12 Maio, 2023Sin comentarios

A Xunta de Galicia destaca a atención de calidade e os coidados que reciben as persoas maiores que acoden aos centro de día. Así o sinalou o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, que onte visitou o centro de día de Cospeito coincidindo coa celebración do doce aniversario da entrada en funcionamento deste servizo pertencente á rede pública autonómica.

Esta conmemoración, ao que tamén asistiu o alcalde do concello, Armando Castosa, serviu de xornada de encontro para que persoal, usuarios e familiares do equipamento compartiran experiencias. A celebración incluíu sesión vermú con música e un xantar na praza do polbo.

Este centro de día pon a disposición das familias de Cospeito e dos concellos da zona un total de 40 prazas de atención diúrna. Ofrécese unha atención terapéutica integral aos maiores, así como apoio ás súas familias. A Xunta mellorou recentemente as condicións de illamento e impermeabilización destas instalacións, e ademais reforzou o servizo de transporte cun segundo vehículo adaptado.