Skip to main content
Cospeito

Muimenta acolle este domingo a Romería da Virxe dos Milagres

Por 20 Maio, 2023Sin comentarios

A localidade de Muimenta acolle este domingo, 21 de maio, unha nova edición da Romería á Virxe dos Milagres, que dará comezo ás 13.30 horas cunha misa solemne, seguida dunha procesión e unha sesión vermú a cargo do grupo Madastur.

A comida campestre desenvolverase a partir das 15.30 horas baixo carpa con empanada, xamón á feira, polbo, carrilleiras, postre e bebidas.

Finalizarán o día cunha verbena a partir das 18.30 horas co mesmoa grupo.