Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol continúa co programa de mantemento de vías

O Concello de Friol continúa executando obras de mantemento e melloras das estradas municipais no rural do termo municipal.

“Pouco a pouco e con esforzo económico intentamos chegar ao maior número de kilómetros da rede viaria municipal que están en mal estado”, afirma o alcalde, José Ángel Santos.

O mandatario afirma que “somos conscientes da importancia e da necesidade de actuación en moitos accesos, pero con paciencia e entre todos agardamos ter unha rede de estradas nas mellores condicións posible”.