Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol: José Ángel Santos defenderá o bastión máis forte dos populares

Por 18 Maio, 2023Maio 19th, 2023Sin comentarios

Con dez concelleiros dos 11 posibles, José Ángel Santos goberna o concello de Friol practicamente en solitario despois de que nas anteriores eleccións conseguise aumentar dous concelleiros máis a conta do PSOE. O PP goberna desde 1991, tras 6 lexislaturas de Antonio Muíña e dúas do actual rexedor, que aspira a revalidar os resultados obtidos no 2019. Polo PSOE, Ana María Pardo Lorenzo fixo efectiva a súa candidatura o último día cunha listaxe coa que pretende a maioría que ten Santos. Polo BNG, non ten representación desde 2011, preséntase Ada Blanco, unha das candidatas máis novas que hai en Galicia.

PARTIDO POPULAR

O actual alcalde de Friol, José Ángel Santos, nacido nesta localidade no ano 1980 e veciño da parroquia de Nodar, é técnico capataz agrícola, gandeiro de profesión e titular dunha explotación de produción de leite.

Santos volve encabezar a lista popular pensada para xestionar e gobernar Friol segundo comenta “unha xestión pública moderna e adaptada aos novos tempos, unha maneira de facer política por e para os veciños”. composta por 21 veciños e veciñas de diferentes idades e profesións, e que representan a maioría do territorio municipal.

O que é un dos alcaldes cunha maioría máis ampla de Galicia, ten como obxectivo revalidar resultados para xestionar e gobernar Friol “cunha xestión pública moderna e adaptada aos novos tempos, unha maneira de facer política por e para os veciños”.

“Prometemos unha xestión na mesma liña do que estamos a facer nos últimos anos, pois vemos que está a dar bos resultados para o noso pobo, así que seguiremos loitando por aquelo que nos pertence, mantendo os mesmos principios de xestión pública polo que se nos caracteriza e que tivemos desde o primeiro día de goberno”, afirma.

PSOE

Pero non estará só ante as urnas, xa que o PSOE presentou unha nova lista, que se fixo pública un día antes do peche da inscrición e que lidera Ana María Pardo Lorenzo. Trátase dunha listaxe completamente nova na que non está tampouco o concelleiro que ocupou o escano socialista Yon Penas.

A candidata socialista quere traballar “para que os nosos fillos se queden aquí e iso ten que facerse tendo todas as comodidades a vantaxes en transportes, en comunicacións”.

Propón traballar por ter lugares de ocio saudable, por ofrecer servizos aos maiores e impulsar o tecido empresarial, “e unha normativa urbanística do século XXI”.

BNG

O BNG volverá presentar lista este ano. Ada Blanco toma o lugar de María do Mar Pérez Fra no número 1. Unha muller de 19 anos, natural da parroquia de Condes e traballadora da explotación familiar de leite en ecolóxico. É, sen dúbida, unha das candidatas máis novas do panorama político. “Asumo este reto con toda a ilusión de poder traballar para mellorar Friol, e o BNG está preparado para poder acadar de novo a representación no Concello”, explica.

“Temos confianza na capacidade de Friol para poder traballar e vivir aquí, desde o rural temos un milleiro de oportunidades de xerar futuro e que a xente moza, coma min, vexa con esperanza un proxecto de vida e traballo desde aquí, por iso, saímos a por todas”, engade.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PP

1. Jose Ángel Santos Sánchez
2. María Ángeles Buján Burgo
3. Enrique Barreiro Sánchez
4. Jesús Julio Cortiña López
5. Nuria Vázquez Argerey
6. Felipe Barata Villapol
7. Juan Carlos Casal Pena
8. María Ángeles Pilar López López
9. Juan Ramón Varela López
10. Nerea Campo Fariñas
11. Cristina Viador Lameiro
Suplentes
1. Rebeca Corral Rodríguez
2. Cristina Prieto Iglesias
3. David Longarela Rodríguez
4. Felipe López Cabado
5. Rocío García Regueiro
6. Nerea Cobas Loureiro
7. Aurelio Pena Iglesias
8. Iria Penas Murujosa
9. Álvaro Castedo González
10. María Esther Sánchez Barreiro

PSOE

1. Ana María Pardo Lorenzo
2. Amador Rodríguez Varela
3. Víctor Manuel Gallego Rivas
4. María Jesús Agruña García
5. Perfecto Doutón López
6. Pedro Antonio Martín Minguela
7. Laura Rivas Ares
8. Miguel Caloto Conde
9. Sabela Thais Sanjurjo Varela
10. Manuel Cobas Pena
11. Áurea Fe Inesia Lorenzo Prieto
Suplentes
1. Susana Carballedo Portela

BNG

1. Ada Blanco Rodríguez
2. María do Mar Pérez Fra
3. María Murujosa Rivas
4. Denís González Peteiro
5. Xosé Antón Sánchez Grande
6. María Dolores López Cayón
7. Xavier Rebolo Jul
8. Cristhian Fajardo Lamas
9. José Antonio Roibás Redondo
10. María Marta López Devesa
11. Mª Concepción Blanco Montecelos