Skip to main content
Guitiriz

O BNG de Guitiriz presentou o seu proxecto na feira de Parga

Por 15 Maio, 2023Sin comentarios

Mónica Roca “Guitiriz merece máis servizos públicos e máis benestar; a única alternativa real é o BNG”.

O Bloque Nacionalista Galego en Guitiriz estivo onte na tradicional feira de Parga, onde a fronte nacionalista deu a coñecer as propostas e ás persoas que conforman o proxecto do BNG na localidade.

Participou a candidata do BNG á alcaldía de Guitiriz, Mónica Roca, xunto coas persoas que conforman a candidatura e a deputada por Lugo no Parlamento galego, Carme Aira.

Mónica Roca destacou que a feira é “un dos eventos comerciais que desde o BNG imos potenciar, o comercio local e de proximidade é unha das chaves para o desenvolvemento local, sobre todo para o sector agro-gandeiro o que pode comercializar directamente os seus produtos, por isto impulsaremos medidas e proxectos centrados neste modelo”

Por outra banda, a candidata nacionalista destacou que a veciñanza de Guitiriz merece outro xeito de gobernar “Guitiriz merece máis servizos públicos e máis benestar, no BNG estamos convencidos que ambos son a única fórmula para que a sociedade avance, e en Parga coñécese ben, onde se quixo pechar o seu consultorio médico, mais grazas á mobilización social xunto co traballo do BNG recuperouse parte da súa actividade” e subliñou “no BNG non nos conformamos, precisamos a totalidade do servizo e avanzar en máis melloras que afondarán na mellora da vida de todas e todos”

Neste senso, Mónica Roca salientou “a única alternativa real é o BNG, un proxecto rigoroso,  capaz de desenvolver un traballo en positivo para Guitiriz, con propostas e solucións para que a nosa veciñanza teña aquilo que merece”, concluíu.