Skip to main content
Guitiriz

Xermolos proxecto este venres en Guitiriz o documental ‘El último de Arganeo’

Por 18 Maio, 2023Sin comentarios

O colectivo Xermolos organiza este venres, 19 de maio, a proxección do documental El último de Arganeo, de David Vázquez, coa presenza do director.

Despois de levar unha vida de estudante en Ponferrada, o mozo de 24 años Edilberto Rodríguez decide regresar ás montañas e dedicarse ao pastoreo dun rabaño de cabras. Coa lembranza de seus avós moi presente, El último de Arganeo recolle a historia de Edilberto, un rapaz pastor orgulloso da herencia dos seus antepasados, e que reivindica as tradicións dunhas terras deshabitadas e a memoria dunha forma de vida ao bordo da extinción.

A sesión terá lugar ás 21.00 horas na Casa Habanera de Guitiriz.