Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz: PP e BNG buscan rematar coa maioría de Morandeira e o PSOE

Por 19 Maio, 2023Maio 20th, 2023Sin comentarios

Tras Vilalba, Guitiriz é a localidade máis poboada da Terra Chá. De feito, conta cunha corporación na que se escollen 13 persoas. Como curiosidade, pode dicirse que é un Concello que leva desde 1995 gobernado por mulleres, agás un período de catro anos, de 2011 a 2015. Coa sociedade dividida entre o PSOE e o PP, e a presenza de candidaturas independentes e minoritarias, tense producido alternacia de poder en varias ocasións. A alcaldesa actual, Marisol Morandeira, remata agora os primeiros catro anos de goberno, tras unha cómoda maioría absoluta.

PSOE

Marisol Morandeira preséntase á reelección tras catro anos de goberno en maioría obtido nas urnas. “Nestes anos traballamos a reo, sentamos as bases para que agora, no que vén, Guitiriz tome o impulso que necesita para medrar”, explicou, subliñando a política para as persoas como eixo da súa campaña xa que “como fixemos ata agora, a nosa política e a nosa forma de gobernar estará centrada no social, nas persoas, en facer melloras e investimentos para cambiar para ben o seu día a día”.

+Morandeira tamén sinalou que “non se deixarán de lado outros eidos como o impulso ao sector primario, tan importante no noso municipio; o fomento do emprego, que terá un gran aliado na próxima e agardada reapertura do balneario; a aposta polo deporte e os nosos deportistas, que levan o nome de Guitiriz por Galicia, España e o mundo adiante; ou o pulo da nosa oferta cultural, que ano a ano está a medrar”. Definiu este primeiro ano de goberno como “unha unha experiencia impagable”.

Para Morandeira, os eixes do seu proxecto baseánse en “seguir a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e continuar cos proxectos iniciados, como a ampliación do centro de día e do PAI ou a construción do centro de maiores”. Tamén aspotan por seguir mellorando o turismo. “A reapertura do balneario, polos postos que vai crear vai axudar a poñer en valor o patrimonio cultural e natural que temos”. No eido dos deportes afirmou que “imos traballar para consolidar todas as inciativas que se puxeron en marcha”.

PARTIDO POPULAR

A oposición máis forte para os socialistas de Guitiriz están no PP, o segundo partido máis votado. Nestas eleccións, o partido presenta un novo candidato, José Manuel López Rodríguez. O obxectivo nestas vindeiras eleccións municipais e recuperar o goberno en Guitiriz. “A diferencia de votos é mínima, por iso cremos que con traballo serio e con rigor podemos lograr” e, para iso, amosa o seu total apoio ao candidato pois “ten un proxecto serio que devolverá á estabilidade”.

López Rodríguez, popularmente coñecido como Portolamas, preséntase á alcaldía convencido de que o goberno local supuxo catro anos perdidos para o concello. “Dóeme ver como a alcaldesa abandonou o noso concello durante os últimos catro anos. Os nosos veciños merecen un concello que atenda todos os días do ano e no os deixen abandonados ata os días antes das eleccións.

BNG

Un concelleiro ten o BNG na corporación de Guitiriz pero os nacionalistas queren máis. “Imos a por todas, queremos darlle un xiro a este concello para poñelo ao servizo da veciñanza, cun proxecto que faga avanzar e ilusionar a todas e todos”.
Temos confianza para facer avanzar este concello desde o rigor, a boa xestión, a defensa dos servizos públicos e servizos socias, a igualdade e dar pasos adiante nun concello máis próspero e xusto”

“Contamos cun proxecto ambicioso pero asentado baixo un eixo fundamental as persoas, por isto, sempre temos en conta que para xerar máis dinamismo e futuro, é preciso garantir uns servizos públicos de calidade”.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. María Sol Morandeira Morandeira
2. Paula Campo Barral
3. Iván Morado Corral
4. Carlos Plácido Buján López
5. María del Pilar Vázquez Ares
6. Ramón Rivas Villares
7. Sofía Sánchez Miragaya
8. Rubén García Oseira
9. Marco Antonio Castro Díaz
10. Tamara García Andón
11. Ángel Varela Río
12. María Pilar Piñeiro Redondo
13. Javier Freire Caamaño
Suplentes
1. José María Vázquez Ares
2. María Begoña Miraz Díaz

PP

1. José Manuel López Rodríguez
2. Alexandre Losada Buide
3. María Margarita Pereira López
4. María Guadalupe Prado Tomé
5. María Consuelo Raposo Cabo
6. Roberto Fernández Buján
7. Rebeca Tena Abuín
8. María José González Roca
9. José Luis López Vázquez
10. Alzira C. Trindade de Almeida
11. María Nieves López Rodríguez
12. Ángel Lobeiras Paz
13. Casimiro Avelino Ares López
Suplentes
1. Ana Rodríguez Buján
2. Manuel Castro Rico

BNG

1. Mónica Roca Ares
2. Alfonso Losada Rodríguez
3. José Luis González Souto
4. Luis Víctor Corbelle Sanroman
5. Andrea García Miragaya
6. María Pérez Ferreiro
7. Jesús Javier Varela Quintas
8. Noemí Romero Costa
9. Josefa Paz Castro
10. Roberto A. Santamariña Amenedo
11. Ana Rosende Fernández
12. Xurxo López Calvo
13. Andres Antón Pérez García
Suplentes
1. María Beatriz Ferreiro Tallón
2. Sabela Valiño Sánchez
3. Manuel Xesús Figueira Mancebo