Skip to main content
Guitiriz

O Partido Socialista de Guitiriz creará un novo punto limpo no polígono

Por 19 Maio, 2023Sin comentarios

Marisol Morandeira explica que “levamos tempo traballando neste proxecto e xa conseguimos unha subvención para financialo”.

O Partido Socialista de Guitiriz comprométese a crear un novo punto limpo no polígono na próxima lexislatura.

A alcaldesa e candidata á Alcaldía, Marisol Morandeira, explica que “xa levamos tempo traballando neste proxecto e conseguimos unha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para financialo usando fondos europeos”.

“Agora mesmo non temos ningún punto limpo fixo e desde que chegamos ao goberno estamos aplicando unha política medioambiental decidida para conseguir unha xestión de residuos máis eficiente e efectiva, polo que é imprescindible contar con esta infraestrutura”, destaca.

A tipoloxía escollida para punto limpo é a de módulos prefabricados de formigón. Consistirá nunha rampla que ascenderá a unha plataforma dende a cal se verterán os residuos aos contedores situados no chan. Esta tipoloxía permite aproveitar o interior da plataforma para gardar os contedores dos residuos de menor volume (coma aparatos eléctricos e electrónicos, pilas, téxtiles…) resgardados das inclemencias meteorolóxicas, sen necesidade de construír unha zona específica. Para isto, dous dos módulos estarán provistos de ocos para instalar portas reforzadas de suficiente tamaño para permitir unha entrada e saída cómoda dos usuarios e os contedores.