Skip to main content
Guitiriz

O novo balneario de Guitiriz recibe unha axuda do Goberno central

Por 28 Maio, 2023Sin comentarios

O Goberno central aprobou a concesión de incentivos rexionais a un total de 45 proxectos en dez comunidades autónomas, entre elas Galicia, segundo informou Ministerio de Facenda e Función Pública. Trátase dunha iniciativa dirixida ao mantemento e a creación de emprego, explica. Un deses proxectos precisamente é o novo balneario de Guitiriz.

No caso concreto da comunidade galega, a orde ministerial publicada este venres no Boletín Oficial do Estado (BOE) precisa que se trata dun proxecto, cuxa investimento ascende a 5,5 millóns de euros e onde se concederá unha subvención de 1,3 millóns. Este proxecto xerará 46 novos postos de traballo.

Este respaldo económico concédese á empresa Madrid Airport Hotels S.L., cuxo proxecto está situado no municipio de Guitiriz, na provincia de Lugo.

As outras rexións que recibirán estas axudas son Aragón, Asturias, Murcia, Castela-A Mancha, Canarias, Castela e León, Andalucía, Estremadura e Comunidade Valenciana. O importe global das subvencións concedidas é de 89,6 millóns de euros.