Skip to main content
Meira

O candidato do PP en Meira comprométese a ampliar o solo industrial

Por 14 Maio, 2023Sin comentarios

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Meira, Óscar Fernández, comprométese a desatascar a situación do polígono para ampliar o solo industrial da localidade se chega ao goberno local. Así o expuxo diante de empresarios da localidade nunha reunión que contou coa participación do senador popular lucense José Manuel Barreiro e a responsable de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do Goberno galego, Ángeles Vázquez.

Unha das posibilidades para resolver de forma máis inminente as dificultades para ampliar negocios asentados no polígono é a de asinar un convenio entre o Concello e a Xunta para cederlle a actual zona verde a entidade xestora do solo e facer as xestións para dotar á zona doutra zona verde de uso municipal. “Mentres que os empresarios teñen amosado a súa vontade de diálogo, o goberno local socialista non fixo nada por ofrecer ningunha alternativa. A súa desidia fixo que o desenvolvemento de Meira estea paralizado”.

“O noso é un proxecto que pretende buscar solucións ás dificultades que están a ter os veciños: os empresarios que queren ampliar os seus negocios e aquelas persoas que se queren asentar en Meira”, explica Fernández. Nese sentido, o popular explica que un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal resolvería os problemas de falta de solo industrial e residencial a longo prazo e por iso se compromete tamén a traballar para dotar a Meira dunha normativa actualizada e adaptada á realidade actual da vila. “O plan xeral que temos é obsoleto e está a limitar o desenvolvemento do municipio tanto a nivel industrial coma en materia de vivenda”, expresou. Igualmente, explicou que “a súa actualización tamén permitiría rebaixar o imposto de bens inmobles (IBI)”.