Skip to main content
Muras

Jennifer Gómez presenta a súa candidatura polo PSOE de Muras

Por 16 Maio, 2023Sin comentarios

A candidata do PSdeG ás municipais do próximo 28 de maio destacou nunha reunión coa veciñanza que a transparencia e a cobertura dos servizos básicos serán as súas máximas cando chegue á Alcaldía.

A Agrupación Socialista de Muras reuniuse coa veciñanza do municipio para dar a coñecer a lista que concorrerá ás eleccións municipais do 28 de maio e que está encabezada por Jennifer Gómez. “Queremos trasladar as nosas propostas e escoitar as necesidades dos veciños e das veciñas”, sinala a candidata do PSdeG, que cre que unha das carencias máis importantes do Concello é a falta de transparencia.

“Queremos mellorar a comunicación entre o Concello e a xente de Muras. Nós estamos dispostos a ir porta por porta”, explica Gómez. A socialista asegura que unha das súas prioridades cando chegue á Alcaldía será dar cobertura aos servizos básicos. “A xente non pide imposibles, necesita cousas ben sinxelas”, sinala. Entre esas cuestións ás que espera responder con eficacia desde o Concello apunta que está a limpeza de camiños e mantemento de vías e accesos municipais, tamén dar cobertura ás necesidades dos maiores, como os desprazamentos á farmacia ou levarlles a compra a domicilio.

No encontro dos socialistas participaron o voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, e o concelleiro socialista de Vilalba, Eduardo Vidal. Ambos coincidiron na valía de Jennifer Gómez e destacaron que ela e a súa candidatura son a mellor opción para Muras.

A alcaldable destacou que o PSdeG de Muras leva “unha lista que conxuga experiencia e xente nova. Somos persoas que viven no territorio e que por tanto coñecemos as necesidades que hai”. E destacou que “este é un equipo que ten ilusión, ideas e gañas de traballar”.

Candidatura do PSdeG ás eleccións municipais de Muras

A candidatura socialista de Muras está composta polos seguintes candidatos e candidatas:

  1. María Jennifer Gómez Galego
  2. Rocío López Cao
  3. Jonatan Carballido Pernas
  4. Mario Rouco Rey
5- Carmen Ramil Picos
  5. José Carlos Piñeiro Tojeiro
  6. María Josefina Cillero Chao

Suplentes: Pedro Alfonso Durán Cao e José Miguel Bouza Corral.