Skip to main content
Muras

Muras: Reparto de poder entre BNG e PP co PSOE como chave de goberno

Por 21 Maio, 2023Maio 22nd, 2023Sin comentarios

Muras é o concello chairego menos poboado, polo tanto é o que menos concelleiros escolle, só 7. É tamén un dos concellos onde máis aumentou o voto nacionalista. No 2003 non logrou o partido ningún representante e non volveu ter representación ata 2011 cando Manuel Requeijo logrou entrar na Corporación, baixo o goberno do popular Issam Alnagm Azzam. Nos seguintes comicios Requeijo logrou os tres concelleiros, igual que o PP e accede á Alcaldía co apoio do PSOE, que tiña un representante. A situación revalidouse no 2019 pero sendo o BNG o partido máis votado.

BNG

Manuel Requeijo completou este ano dúas lexislaturas á fronte da Alcaldía. Dende que chegou ao Goberno, en coalición co PSOE, foron moitos os cambios aos que someteu o Concello. O seu proxecto estrela, as axudas ao pago da factura da luz, son xa un exemplo a seguir por universidades, escolas e outros gobernos.

Destacan a revitalización da vida económica, social e cultural da localidade como as bases, así como a posta en marcha do polígono industrial.

O BNG seguirá aumentando estas axudas así como as bolsas para estudantes ademais de fortalecer o compromiso coas persoas maiores, ampliando servizos sociais para garantir o seu benestar e calidade de vida. Entre os proxectos que teñen previsto está a apertura dun centro de coworking na Casa de Rouco. Requeijo dixo que seguirán apostando polo futuro das explotacións agrícolas e gandeiras, ofrecendo máis servizos así como crear unha marca propia que promocione os produtos de Muras.

Un dos obxectivos é seguir investindo na mellora e conservación das vías municipais e na creación de espazos públicos accesibles, seguros e con usos plurais, que faciliten a convivencia e a socialización. “Impulsaremos a chegada de telefonía e internet a todas as parroquias, conseguindo a máxima cobertura dixital”.

PARTIDO POPULAR

Eugenia Requeijo, que sucedeu ao anterior alcalde á fronte do PP, repite novamente como candidata á Alcaldía. A candidata popular aposta por “sacar a Muras do abandono no que se atopa, que queda claramente reflectido na situación do propio centro do pobo”.

O equipo popular preséntase en condicións de “cambiar o actual estado de cousas, caracterizado por prazas e rúas sucias, xardíns en mal estado, estradas deterioradas, servizos deficitarios e unha xestión totalmente partidista”.

PSOE

María Jennifer Gómez Galego lidera o PSOE de Muras, trala retirada de primeira liña de Mario Rouco, socio de goberno do BNG. A nova candidata foi presentada polo partido unhas horas antes do peche das listas. O seu obxectivo principal será mellorar a representación na corporación.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

BNG

1. Manuel Requeijo Arnejo
2. Paula Gómez Souto
3. Cristina Franco Pardo
4. María Azucena Camba Fernández
5. Carlos Carballés Penabad
6. Cristóbal Pena Teijido
7. Tita Bello Penabad
Suplentes
1. Belén Chao Ramil
2. Romina Lamas Arnejo

PSOE

1. María Jennifer Gómez Galego
2. Rocío López Cao
3. Jonatan Carballido Pernas
4. Mario Rouco Rey
5. Carmen Ramil Picos
6. José Carlos Piñeiro Tojeiro
7. María Josefina Cillero Chao
Suplentes
1. Pedro Alfonso Durán Cao
2. José Miguel Bouza Corral

PP

1. María Eugenia Requeijo Chao
2. Julio Díaz Díaz
3. Damián Prieto Sardiña
4. Luis Carballido Orosa
5. Sandra Trastoy Chao
6. José Manuel López García
7. María Teresa Uceira Cao
Suplentes
1. Fernando Carballido Amor
2. Carlos Rouco Rochela
3. Camelia Hermida Fernández
4. Elías García Rubiños
5. Juan Antonio Tojeiro Pita
6. Óscar Prieto Freire
7. Eloy Guzman Vilaboy