Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

O BNG de Riotorto presentou a súa candidatura ao completo

O Bloque Nacionalista Galego de Riotorto presentou as persoas que conforman a candidatura para as eleccións munipais do 28 de maio nun acto público que se celebrou na Casa da Cultura de Riotorto e que contou coas intervencións da viceportavoz do BNG no Parlamento Galego Olalla Rodil e do deputado parlamentario Dani Castro.

A candidatura, encabezada por Vanesa Gómez Lourido e co actual concelleiro Luis Fernández Fernández nos postos de saída, conta con catro persoas que participan por primeira vez na candidatura do BNG de Riotorto: María Campo Fernández -gandeira, de Aldurfe -, Eloy Treitas Fojaca -administrativo, de Espasande de Baixo – , Antía Villada Pillado – bióloga e veciña de Aldurfe- e Sandra Gómez López, psicóloga e terapeuta familiar, de Courel, en Órrea – .

A candidata a Alcaldía valora estas incorporacións, de persoas entre os 25 e os 40 anos, como unha mostra da solidez e do percorrido do proxecto do BNG, que traballará para dar un xiro ao concello despois de oito anos do goberno do Partido Popular, marcado pola falta de transparencia e de equidade na xestión e pola incapacidade para traducir os orzamentos máis altos das últimas décadas en proxectos que melloren a vida das persoas e dinamicen o concello.

Candidatura

  1. Vanesa Gómez Lourido. Xornalista. Vilarquide.
  2. María Campo Fernández. Gandeira. Aldurfe
  3. Luis Fernández Fernández. Traballador de mantemento no Hospital Público da Mariña e gandeiro. Chacín.
  4. Eloi Treitas Foxaca. Administrativo. Membro da Asociación Cultural Avelino Díaz e do Club de Bolos Cruceiro de Meilán. Espasande de Baixo.
  5. Agustín Iglesias Rodríguez. Ferreiro. O Mazo. Ferreiravella.
  6. Antía Villada Pillado. Bióloga na Consellería do Mar. Membro da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e da Plataforma Alto Miño Eólica Así Non. Aldurfe.
  7. Sandra Gómez López. Psicóloga e terapeuta familiar. Courel.
  8. Jorge Cabodevila Logilde. Electricista e membro do club Troitas Bravas de billarda. Santa Marta.
  9. Federico Gutiérrez Estoa. Arquitecto técnico. Alcalde de Riotorto de 2007 a 2015.

Suplentes

  • Mariluz Iglesias López. Mestra. Chacín.
  • Xoan Carlos Fernández Pereira. Funcionario da Xunta e membro da asociación cultural Arrincadeira. Espasande de Baixo
  • Horacio Fiallega Lorigados. Xubilado do sector da pedra e primeiro candidato nacionalista nas eleccións municipais despois da ditadura (BN-PG, 1979). O Vilar de Santiago.