Esta fin de semana terán lugar en Catro Camiños, Vilalba, as Festas do Cristo.
Estas darán comezo o venres 5 de maio, a partir das 21.30 horas cunha liscada e chourizos de balde para todos os asistentes e contará coa actuación do Estrellas.
O día grande será o sábado 6 que dará comezo ás 13.30 cunha sesión vermú a cargo da orquestra JB Son.
A verbena da noite contará tamén coa actuación da orquestra JB Son e do grupo Os Adrianos.
A organización lembra que o campo estará cuberto cunha carpa.
