Skip to main content
Vilalba

Esta fin de semana Tardad celebra as súas festas

Por 16 Maio, 2023Sin comentarios

Tardad, en Vilalba, celebra as súas festas esta fin de semana do 20 e 21 de maio.

Darán comezo o sábado ás 13.30 cunha misa e procesión e a mañá continuará cunha sesión vermú a cargo da orquestra Suavecito que será tamén a encargada de amenizar a verbena da noite a partir das 22.30.

Para rematar o sábado Judith Cundins realizará unha actuación a partir das 00.30. 

O domingo a misa será tamén ás 13.30 e o fin de festa será unha sesión vermú a cargo do dúo La hora bruja. 

Dende a organización informan que o campo estará cuberto cunha gran carpa e que haberá fogo de artificio.