Skip to main content
Vilalba

San Simón da Costa está de festa este sábado

Este sábado 13 de maio San Simón da Costa celebra a súa festa na honra a San Isidro.

A xornada dará comezo ás 10.00 coa saída da ruta cabalar.

Ás 13.30 celebrarase unha misa solemne con procesión e para continuar unha sesión vermú amenizada pola orquestra Stereo.

Haberá unha comida campestre que contará con empanada, xamón cocido, polbo, churrasco mixto, postre café e chupito. As reservas están abertas ata o 10 de maio e terá un prezo de 30 euros.

Pola tarde o trío Merengue será o encargado de por música ao baile e tamén estarán na verbena da noite acompañados da orquestra Stereo.

Dende a organización informan que o campo da festa estará cuberto con carpa.