Skip to main content
Vilalba

Os veciños de Nete volven organizar este sábado o tradicional festival benéfico

Por 19 Maio, 2023Sin comentarios

A asociación de Veciños de Nete organizou para este sábado, 20 de maio, no auditorio Carmen Estévez de Vilalba, unha gala de recadación de fondos solidaria que dará comezo ás 20.00 horas.

Veranse actuacións dos diferentes grupos de música que se imparten en Nete dirixidos por Marta Dourado, Ángel Sendín, Xabier Iglesias, Pablo Pintor e Cami Iglesias.

As entradas teñen un prezo de 5 euros e poden collerse na Casa da Cultura, Foto Purriños, Foto Amador, As Nubes Moda, Minds, Seguros Loli Dorado, Perruquería Celia, Perruquería Goyla (Feira do Monte) e Máquinas de Coser Eladio Bello en Lugo. Tamén hai entradas de fila cero para os que non poidan ir ó festival pero queiran aportar un donativo.

Ademais, sortearanse un par zocos de home, outro de muller (vermellos), 3 baleirapetos e 8 pares de calcetíns donados por Eferro, no transcurso do festival. Para participar no sorteo están a vender rifas a 1 euro.

Todo o recadado doarase integramente a asociación Asotrame, Asoc. Transplantados de médula e outros enfermos oncohematolóxicos.